ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

19/07/2023
Adxudicada a obra de renovación de pavimentos en diferentes zonas do porto
 A UTE Oresa-Anfisa é a adxudicataria das obras de renovación e reforzo de pavimentos en varias superficies portuarias contempladas no Plan de Investimentos do Porto de Marín. As obras teñen un orzamento de 252.000 euros (IVE excluído) e un prazo de execución de 3 meses. Tras a inspección realizada en diversos pavimentos e debido ao intenso tráfico que soportan van realizar traballos de reforzo, pavimentación e nalgúns casos, de substitución do firme de lastra por pavimentos asfáticos, ademais de ampliar a rede de pluviais e repoñer a sinalización horizontal. Actuarase sobre unha superficie total próxima aos 12.000 metros cadrados en seis zonas diferentes do recinto portuario: peirao Manuel Leirós, zona Galfrío, zonas Pesmar e Rosa dos Ventos, departamentos de exportadores, zonas de peiraos de reparacións 1 e 2 e antigo peirao de ribeira.
Adxudicada a obra de renovación de pavimentos en diferentes zonas do porto