ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

13/07/2023
O porto aumenta un 13,5% as descargas de graneis sólidos no primeiro semestre
Os datos estatísticos provisionais do primeiro semestre do ano sinalan un crecemento do 13,54% nos tráficos de graneis sólidos no Porto de Marín. Dentro dos graneis sólidos, as mercadorías que experimentan un comportamento máis positivo son os cereais e as súas fariñas e o capítulo de madeiras e cortizas. O Porto de Marín dispón dunha importante conexión ferroviaria, o que facilita o tránsito destas mercadorías coa saída diaria de polo menos un tren de cereais a granxas e explotacións gandeiras de Galicia. O movemento total de mercadoría no porto durante os seis primeiros meses mantense en cifras similares ao ano anterior, pasando xa o millón de toneladas movidas. En canto a outro tipo de mercadorías, a pasta de papel da fábrica de Ence rexistra cifras idénticas ás do ano pasado ata o mes de xuño e o material de construción non contenerizado, crece. En canto á mercadoría en contedor, experimentan aumentos produtos como aceites, automóbiles e as súas pezas, peixe conxelado ou bebidas. A pesca fresca, pola súa banda continúa rexistrando aumentos mes a mes tanto en volume como en prezo de primeira venda e sobe un 14% con respecto ao acumulado ata xuño do exercicio anterior.
O porto aumenta un 13,5% as descargas de graneis sólidos no primeiro semestre