ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

27/06/2023
Publicada a Orde Ministerial pola que se aproba a Delimitación de Espazos e Usos portuarios do Porto de Marín
O BOE recolle hoxe a publicación da Orde Ministerial pola que se aproba a Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Marín. Este é, segundo a vixente Lei de Portos, o documento que determina nos portos de titularidade estatal a zona de servizo, tanto de terra como de auga, necesaria para o desenvolvemento dos usos portuarios, os espazos de reserva que garantan a posibilidade de desenvolvemento da actividade portuaria e aqueles que poidan destinarse á interacción porto-cidade. Con este documento, a Autoridade Portuaria dispón de toda a documentación basee de planificación portuaria actualizada xa que a Lei de Portos contemplaba a adaptación dos antigos PUEP (Plan de utilización de espazos portuarios) á nova denominación. O obxectivo, entre outros, da DEUP é incorporar á zona de servizo terrestre do porto as superficies xeradas por obras de ampliación ou modificación do porto, concluídas ou con proxecto aprobado e con execución en marcha ou sexa inminente o seu inicio, corrección de inexactitudes cartográficas ou definición da lámina de auga sobre a que o porto ten competencias. O documento incorpora por exemplo a zona náutica-deportiva de Praceres tras a remodelación e ordenación da dársena de embarcacións menores e adecúa os límites definidos no convenio co Concello de Marín para usos vinculados á interacción Porto-Ciudad. Do mesmo xeito desafecta superficies terrestres innecesarias para a actividade portuaria así como a lámina de auga prescindible para operacións portuarias de fondeo, canles de acceso ou áreas de reviro. Entre as zonas desafectadas atópanse a praia de Praceres que se incorporará ao réxime xeral de dominio público marítimo-terrestre.
Publicada a Orde Ministerial pola que se aproba a Delimitación de Espazos e Usos portuarios do Porto de Marín