ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

30/08/2022
O Porto medra un 3,3% ata o mes de xullo
  O Porto de Marín experimentou un crecemento do 3,30% no seu movemento de mercadorías nos sete primeiros mes do ano con respecto ao mesmo período do exercicio anterior. O tráfico de mercadorías en agosto, a pesar de que non está pechado o mes, tamén apunta a un incremento co que se confirma aínda máis a tendencia positiva na evolución do porto con respecto a 2021. Por grupos de mercadorías, entre xaneiro e xullo destaca o incremento dos graneis sólidos, que subiron un 9,5%. A iso contribuíron, ademais das descargas de cereais, fariñas, pensos e forraxes, o crecemento do capítulo de madeiras e cortiza. O outro gran capítulo que rexistra incremento no primeiros sete meses do ano é o da mercadoría en contedor, que sobe un 2,25%, con aumento do volume de operativas de peixe conxelado e refrixerados, produtos siderometalúrxicos ou ferramentas e maquinaria, entre outros. O porto segue ademais experimentando un crecemento continuado da pesca fresca, que se sitúa nun 16,6% por encima das cifras do ano pasado. Con respecto ao número de buques mercantes que fan escala para operar no Porto de Marín durante este ano, hai tamén unha variación en positivo de preto do 15%.
O Porto medra un 3,3% ata o mes de xullo