ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

13/06/2022
Seis mercantes con preto de 85.000 toneladas de mercadoría comparten hoxe operativa en Marín
 Ata seis mercantes coinciden hoxe nos peiraos do Porto de Marín para realizar diferentes operativas de preto de 85.000 toneladas de carga e descarga de mercadorías. Ás 10.000 toneladas de mercadoría en contenedor do buque Adilia I no Peirao Adolfo Reboredo, súmanselle os traballos de descarga de 36.000 toneladas de madeira procedente de Sudáfrica, tamén na zona de Expansión. Mentres, un graneleiro chegado de Canadá descarga estes días 33.000 toneladas de graneis agroalimentarios no Peirao Leirós. A eles se lles suma unha carga de productos siderúrxicos con destino a Polonia, pasta de papel que se embarca para Holanda e a descarga de pesca conxelada das adegas do arrastreiro Monteferro, chegado desde Malvinas.
Seis mercantes con preto de 85.000 toneladas de mercadoría comparten hoxe operativa en Marín