Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

25/03/2021
O Consello aproba a aplicación de medidas económicas a empresas do Porto afectadas pola crise do coronavirus
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou esta tarde diversas medidas económicas para paliar os efectos que a crise do coronavirus causou na actividade de diferentes empresas portuarias. Trátase dun paquete de resolucións sobre as medidas, aprobadas polo Consello de Administración o pasado ano, para a redución de taxas en autorizacións e concesións do Porto, outorgadas segundo o previsto na Real Decreto Lei 26/2020. Entre elas, aprobouse aplicar reducións en taxas de ocupación, en taxas de actividade e na actividade mínima ou tráficos mínimos de varias empresas solicitantes. Ademais, o presidente da Autoridade Portuaria informou ós membros do Consello dos movementos de tráfico portuario nos dous primeiros meses do ano, onde se rexistrou un incremento do 1,10% con respecto ó ano anterior. O Consello tamén aprobou a subasta dunha embarcación en situación de abandono e o prego que rexerá o procedemento. Trátase dunha embarcación semicabinada polivalente, sen motor e en estado de deterioro.
O Consello aproba a aplicación de medidas económicas a empresas do Porto afectadas pola crise do coronavirus