Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

24/09/2020
O Consello de Administración aproba prorrogar as concesións da AWT e de GPS
 O Consello de Administración da Autoridade Portuaria celebrado esta tarde aprobou a prórroga do prazo de concesión da All Wheather Terminal (Terminal Cuberta) por un período de dez anos. O solicitante, Galigrain S.A.U, acóllese ao previsto para o título concesional no artigo 82.2.a) da Lei de Portos. A Terminal Cuberta é unha instalación multimodal pioneira no ámbito portuario que ofrece servizos de carga e descarga de buques, manexo e distribución de mercadoría e capacidade de almacenaxe nun espazo cuberto e protexido dos elementos meteorolóxicos. A AWT de Marín atópase actualmente integrada na Asociación Europea de Terminais Cubertas. A principal carga que manipula é a pasta de papel producida na biofábrica de ENCE e con destino a varios países europeos. A Terminal tamén recibe tráficos de produtos siderúrxicos procedentes de grandes grupos empresariais do sector da automoción, electrodomésticos e outras industrias. Doutra banda, o Consello aprobou outorgar outra prórroga de dez anos do prazo concesional á empresa Galicia Processing Seafood S.A ( GPS) que opera no porto como sala de elaborados de produtos da pesca. Neste caso, acolléndose ao previsto pola Lei de Portos no artigo 82.2. b) por investimento relevante. O Porto de Marín consolidouse nos últimos anos como un centro loxístico de recepción, tratamento, elaboración, almacenamento e distribución de produtos pesqueiros conxelados e conta no seu conxunto cunha capacidade de almacenamento frigorífico superior aos 262.000 metros cúbicos. As actividades ligadas ao tráfico de pesca conxelada son ademais das que máis empregos xeneran no recinto portuario. Rexistro electrónico O Consello de Administración aprobou a subscrición dun convenio entre a Autoridade Portuaria e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para a prestación dos servizos asociados á aplicación GEISER (xestión integrada de servizos de rexistro). A través dela pódese ofrecer unha mellor solución tecnolóxica aos usuarios para a xestión dos rexistros oficiais de entrada e saída así como para o intercambio de documentación tanto a nivel interno como con outros organismos, da documentación que acompaña aos rexistros.
O Consello de Administración aproba prorrogar as concesións da AWT e de GPS