ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

19/01/2021
O Porto supera os dous millóns de toneladas no exercicio 2020
 A pesar das circunstancias da pandemia que se fixo notar tamén no movemento de mercadorías portuarias, o Porto de Marín finalizou o exercicio 2020 cun movemento de 2.100.000 toneladas. Isto representa un 15 % menos que o ano anterior, motivado principalmente polas diferentes afectacións á actividade que tivo a actual crise sanitaria e polo traslado das operacións de froita. As mercadorías que mellor resistiron foron as relacionadas con produtos esenciais para os mercados, como os graneis agroalimentarios onde os cereais e as súas fariñas crecen un 7% ou a pesca. Dentro dela destaca o crecemento dun 10% da pesca fresca cun incremento tamén do 17% no valor de primeira venda. No capítulo de mercadoría xeral crece significativamente o apartado de aparellos, ferramentas e maquinaria, no que se integran os compoñentes eólicos e o peixe conxelado.
O Porto supera os dous millóns de toneladas no exercicio 2020