ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

13/07/2020
Os peiraos Reboredo acollen unha dobre operativa de eólicos e contedores
 Os peiraos Adolfo Reboredo na zona de expansión do porto, acolleron hoxe unha dobre operativa de carga e descarga de contedores por unha banda e carga de eólicos por outra. Para iso empregáronse os guindastres portacontedores do porto ademais dos dous guindastres automóbiles das que dispón a rada. O buque Visitor, consignado por Pérez Torres Marítima, realizou unha operación de 10.000 tn de mercadoría contenerizada mentres o mercante Singelgracht, cuxo consignatario é o Grupo Nogar, cargou en cuberta 29 tramos de pezas eólicas con destino a un proxecto en Houston. O Porto de Marín é punto de partida para a exportación de compoñentes eólicos para proxectos en todo o mundo. A actividade diaria completouse coa saída dunha composición ferroviaria de cereais con destino ás avícolas de Taboadela e a preparación para a súa saída pola tarde doutra composición de tren, esta vez con bobinas de chapa de aceiro.
Os peiraos Reboredo acollen unha dobre operativa de eólicos e contedores