ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

13/06/2024
O porto medra un 30% nos cinco primeiros meses do ano
 O Porto de Marín segue rexistrando unha evolución moi positiva no tráfico mensual de mercadorías, chegando a acumular un 30% de subida entre os meses de xaneiro e maio con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos provisionais cos que conta a Autoridade Portuaria. Por grupos de mercadoría, as descargas de graneis sólidos seguen sendo o principal motor de crecemento xa que alcanzaron preto de 600.000 toneladas nos cinco primeiros meses do ano, cunha subida acumulada do 72%, especialmente grazas ás descargas de grandes volumes de acha de madeira. A mercadoría xeral convencional (non contenerizada) rexistra tamén unha subida significativa, superior ao 10%, levantada principalmente por tráficos como a madeira, o material de construción, a pasta de papel ou o peixe conxelado. En canto á mercadoría en contedor, acumulan importantes incrementos as conservas e outros produtos alimentarios, as bebidas, as madeiras ou os produtos siderometalúrgicos. O número de buques que chegou a porto tamén se incrementou un 10%, do mesmo xeito que o seu GT ou capacidade total.
O porto medra un 30% nos cinco primeiros meses do ano