ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

09/04/2024
A Autoridade Portuaria acolle a tres alumnos en prácticas do IES Chan do Monte
A Autoridade Portuaria acolle desde esta semana e durante os próximos meses a tres alumnos de diferentes ciclos de Formación Profesional pertencentes ao IES Chan do Monte de Marín, en virtude dun convenio de cooperación educativa subscrito coa Xunta de Galicia. Trátase de estudantes dos Ciclos de Xestión Administrativa, Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Márketing e Publicidade, que se integrarán en diferentes departamentos para completar a parte práctica da súa formación. Nos próximos días incorporarase tamén á realización de prácticas unha cuarta estudante, neste caso do Ciclo de Asistencia á Dirección, do IES Luis Seoane de Pontevedra. A Autoridade Portuaria reforza así o seu compromiso social coa contorna, en especial cos centros educativos da comarca cos que ademais colabora durante todo o ano a través do programa de visitas guiadas ao porto. Trátase de achegar a realidade do porto e as súas empresas a estudantes de diferentes niveis e ofrecerlles a oportunidade de coñecer o mundo da empresa desde dentro a través da realización de prácticas formativas.
A Autoridade Portuaria acolle a tres alumnos en prácticas do IES Chan do Monte