ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

26/05/2023
Continuan medrando as descargas de peixe conxelado
 Coa chegada esta mesma mañá do buque conxelador Igueldo, que descargará máis de 1.000 toneladas de pesca conxelada, xa son tres os buques en porto que están a operar simultaneamente con esta mercadoría e hai previsión de tres novas entradas nos próximos días. Deste xeito, prevese que as cifras de descarga de peixe conxelado continúen en maio coa tendencia alcista que veñen rexistrando ata abril, cunha subida de preto do 5% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Xunto ao Igueldo, descargan en porto os buques Cassiopea e Monteferro, este último chegado desde Montevideo e están previstas as entradas dos conxeladores Montelourido e Praia de Tambo, ambos tamén desde Uruguai. Consello de Administración Ata o mes de abril, o porto rexistra un crecemento total no seu tráfico de mercadorías dun 4,43%, no que destaca a subida dos graneis sólidos de preto dun 20% con respecto ao exercicio anterior, especialmente os cereais e as súas fariñas e as madeiras e cortizas. En canto á mercadoría xeral, crece o capítulo de pasta de papel e o xa mencionado de pesca conxelada. A pesca fresca, do mesmo xeito que a conxelada, tamén segue rexistrando un crecemento contínuo, neste caso alcanzando un 10,5% de subida nos catro primeiros meses do ano. Estes son algúns dos datos que ofreceu hoxe ao Consello de Administración o presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa. Na sesión celebrada esta tarde realizouse a aprobación previa do Plan de Empresa 2024, que a principios de xuño terá que ratificar Portos do Estado nun encontro de traballo a celebrar entre este organismo e a Autoridade Portuaria. Na reunión desta tarde, o Consello tamén aprobou. entre outros puntos, a modificación do Plan de Emerxencia Interior e Autoprotección do Porto de Marín e a revisión do Plan de Protección.
Continuan medrando as descargas de peixe conxelado