ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

01/02/2023
Alumnos de Transporte e Loxística visitan as terminais do Porto de Marín
  Un grupo de alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Transporte e Loxística do Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo pasaron a mañá no Porto de Marín para coñecer de primeira man o funcionamento das súas terminais. A visita comezou no auditorio da Autoridade Portuaria cunha charla sobre os diferentes servizos e tramitación pola que pasan os buques que operan en Marín desde a súa chegada e atracada ata o almacenamento e saída do porto das mercadorías. A continuación, o grupo desprazouse a Termarin, terminal de contedores do porto que xestiona Pérez Torres Marítima, onde puideron comprobar a operativa que se realiza coa carga contenerizada, así como os protocolos de traballo no Posto de Inspección Fronteirizo. A visita continuou na AWT do Grupo Nogar. A Terminal Cuberta é unha instalación singular en Europa e que permite a carga e descarga de mercadorías independentemente das condicións climatolóxicas. Os alumnos de Transporte e Loxística interesáronse tamén pola terminal ferroviaria xa que Marín, con 7.000 metros de vías interiores, é o primeiro porto de Galicia e entre os primeiros de España en utilización porcentual de ferrocarril con respecto ao seu tráfico total. A crecente participación do tren no movemento de mercadorías como graneis agroalimentarios, madeira, chapa de aceiro ou contedores converte ao Porto de Marín en líder en intermodalidad dentro do sistema portuario de interese xeral do Estado.
Alumnos de Transporte e Loxística visitan as terminais do Porto de Marín