ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

06/07/2022
A Autoridade Portuaria lanza o seu Plan de Igualdade como compromiso contra a discriminación de xénero
  A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra vén de asinar o seu Plan de Igualdade, froito do traballo realizado pola Comisión Negociadora do Plan de Igualdade composta por representantes da empresa e da representación legal dos traballadores a partir dunha diagnose previa da situación e distribución do persoal. Este plan terá unha vixencia de 4 anos e impulsará accións dirixidas a reforzar o compromiso da institución coa igualdade de oportunidades e a toma de decisións segundo criterios de equidade e non discriminación. O Plan abarca a todo o persoal da Autoridade Portuaria, nos seus diferentes centros de traballo. A Comisión de Igualdade do Porto de Marín realizará o seguimento do Plan que contempla cinco eixos de actuación: selección e promoción profesional, formación, conciliación, comunicación e prevención do acoso. O Plan réxese polo indicado no Real Decreto 6/2019 do 1 de marzo de medidas urxentes para garantir a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no emprego e polo Real Decreto 901/2020 do 13 de outubro polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. Ademais contribúe ós ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030, especialmente ós números 5, 8 e 10: Igualdade de xénero, Traballo decente e Crecemento económico e Redución de desigualdades.
A Autoridade Portuaria lanza o seu Plan de Igualdade como compromiso contra a discriminación de xénero