ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

04/03/2022
A Autoridade Portuaria puxo en valor máis do 80% dos residuos en 2021
 Os diferentes sistemas implantados no Porto de Marín para a recollida selectiva e reutilización de residuos por parte da Autoridade Portuaria, instalacións frigoríficas e departamentos de exportadores entre outros, deron como resultado a retirada de 1.177.538 quilos de residuos durante o ano 2021. A consolidación da recollida selectiva no porto por parte da Autoridade Portuaria e a empresa de Servizos Portuarios Cantodarea, e a cada vez maior concienciación dos usuarios, facilita a xestión portuaria dos diferentes residuos. Deste xeito, unha vez descartados os residuos sólidos urbanos e asimilables, o 81,80% restante foi valorizable durante o pasado exercicio ao estar separado en orixe. Trátase dunha porcentaxe que cada ano vai en aumento. Os sistemas de xestión de residuos fóronse facendo extensivos a un cada vez maior número de instalacións en toda a comunidade portuaria nos últimos anos. Como resultado, desde 2013 retiráronse de forma selectiva 7.232.938 quilos. O Porto de Marín ten adquirido un pleno compromiso na xestión ambiental de residuos relacionados coas actividades marítimas e portuarias. O maior volume de residuos separado en orixe durante 2021 corresponde ao papel e cartón, con 492 toneladas e aos plásticos con 260 tm, principalmente das instalacións frigoríficas do porto. Séguelles outro material de refugallo como restos de redes e burlóns (155 tm entre ambos os), madeira, poliexpan ou envases lixeiros.
A Autoridade Portuaria puxo en valor máis do 80% dos residuos en 2021