ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

04/06/2024
Visita de alumnos do certificado de profesionalidade de Organización e Xestión de Almacéns
 O Porto de Marín recibiu esta mañá a visita dun novo grupo de alumnos do curso de certificación profesional de Organización e xestión de Almacéns, impartido por Magnafor Qualitas. Os participantes foron recibidos na sede principal da Autoridade Portuaria onde se lles ofreceu unha charla sobre o funcionamento do porto e a diversidade de actividades que se desenvolven no recinto. Os alumnos coñeceron as principais vantaxes competitivas de Marín e a súa posición nos primeiros postos de todo o Estado en movemento porcentual de mercadorías por ferrocarril. A continuación, o grupo realizou unha visita ás instalacións que ten o Grupo Nogar no Porto de Marín. Programa de visitas guiadas No que vai de ano xa son máis de 300 as persoas que visitaron o porto no marco do programa de visitas guiadas que a Autoridade Portuaria desenvolve para colectivos de estudantes ou profesionais de todos os niveis. Dentro da política de Responsabilidade Social Corporativa da Autoridade Portuaria, o achegamento da realidade do porto e as súas empresas á sociedade da contorna é unha das principais liñas de traballo. No últimos dez anos, preto de 3.500 persoas puideron coñecer o porto grazas ao desenvolvemento destas actividades.
Visita de alumnos do certificado de profesionalidade de Organización e Xestión de Almacéns