ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

31/05/2024
O Consello aproba os plans de empresa 2024 e 2025
O Consello de Administración aprobou de forma definitiva o Plan de Empresa 2024 da Autoridade Portuaria, ademais de realizar a aprobación inicial do Plan de Empresa 2025. Este último tera que ratificalo Portos do Estado nunha próxima reunión que se celebrará en Madrid e á que asistirá o presidente Jose Benito Suárez Costa, acompañado de persoal directivo da entidade. Ambos plans de empresa adaptan a súa estrutura ao Marco Estratéxico do sistema portuario de interese xeral aprobado en 2022, que supón un documento de referencia para a planificación portuaria. No capítulo de tráficos, o Plan de Empresa 2024 estima un incremento no movemento de mercadorías con respecto aos niveis alcanzados en 2023 e estímase un incremento continuado e sostido nos anos seguintes. No apartado orzamentario debúxase un escenario de máxima prudencia e realismo nas estimacións de ingresos e gastos, tendo en conta o contexto económico actual. O obxectivo é manter o esforzo investidor para adaptarse ás necesidades da demanda pero sen comprometer o principio de equilibrio financeiro da entidade. Ademais contémplase tanto para 2024 como para 2025, manter os coeficientes correctores da taxa do buque e da mercadoría para apoiar aos operadores. No ámbito dos investimentos destaca a posta en marcha dos mecanismos de seguimento e control dos proxectos suxeitos a financiamento europeo, dos que a Autoridade Portuaria ten asignadas contías para executar, entre outras, obras relacionadas con melloras de eficiencia enerxética, intermodalidade ou instalacións pesqueiras.