ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

16/05/2024
O porto recibe este sábado ó cruceiro Amera, con preto de 800 pasaxeiros
O cruceiro Amera, do operador alemán Phoenix Reisen, recalará este sábado no Porto de Marín nun dos circuítos turísticos que está a realizar por Europa. O buque, que está consignado por Davimar, conta con 204 metros de eslora e un calado de 7 metros. Permanecerá atracado durante a xornada no Peirao Comercial Oeste. O Amera chega a Marín con 770 pasaxeiros a bordo e para eles están programadas varias visitas turísticas durante o día a diferentes referentes turísticos en Galicia como Santiago de Compostela, Bayona ou o Salnés. Ademais, a Autoridade Portuaria poñerá ao dispor dos cruceiristas un autobús que estará a facer unha rolda de transporte de pasaxeiros de forma continuada entre o barco e a praza de España. O obxectivo é que aqueles viaxeiros que non asistan ás excursións programadas pola navieira poidan coñecer e gozar da oferta gastronómica, paisaxística e turística que ofrece Marín. O Amera ten prevista a súa chegada a porto á primeira hora do sábado e permanecerá atracado ata as 6 da tarde, cando partirá rumbo a Lisboa, o seu próximo porto de destino.
O porto recibe este sábado ó cruceiro Amera, con preto de 800 pasaxeiros