ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

15/05/2024
O porto rexistra un aumento do 18,7% no primeiro cuatrimestre do ano
 Os datos estatísticos provisionais referidos ao tráfico de mercadorías no Porto de Marín durante os catro primeiros meses de 2023 lanzan un crecemento do 18,7% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Entre xaneiro e abril movéronse xa polo porto preto de 800.000 toneladas de mercadoría, tanto de importación como de exportación. Por grupos de mercadoría, destaca o aumento dos graneis sólidos que crecen un 37% con importantes incrementos nos capítulos de pensos e forraxes e no de madeiras e cortizas. A mercadoría xeral convencional (non contenerizada) tamén experimenta un crecemento do 11%, destacando os capítulos de material de construción, madeira e pasta de papel. En canto ao número de buques que atracaron en porto entre xaneiro e abril de 2023, rexístrase unha subida do 32% con respecto ao mesmo período de 2022.
O porto rexistra un aumento do 18,7% no primeiro cuatrimestre do ano