ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

30/04/2024
A Autoridade Portuaria saca a licitación a renovación da báscula de camións
 A Autoridade Portuaria ha publicado a licitación da obra de renovación da báscula de saída para pesada de camións situada no acceso aos peiraos Leirós. O valor estimado do contrato é de 73.000 euros e o prazo de execución, de 6 meses. O Porto dispón actualmente de dúas básculas verificadas para pesada de camións, unha que funciona como entrada e outra como saída. Estes elementos soportan un gran movemento de vehículos diario, ao realizar practicamente todas as pesadas das mercadorías susceptibles de control de peso que se transportan a través do porto. A obra consiste no desmonte da báscula de aceiro existente, incluíndo os equipos electrónicos e ancoraxes, a preparación da base de pavimento e a instalación dunha nova báscula de ponte mixta que incrementará a capacidade de carga e pesada ata 80 Tn.
A Autoridade Portuaria saca a licitación a renovación da báscula de camións