31/05/2019
A Autoridade Portuaria acometerá melloras na contorna do Faro de Tambo
Dentro da súa labor de xestión e prestación do servizo de Axudas á Navegación, a Autoridade Portuaria acaba de adxudicar diferentes traballos de mellora e acondicionamento no contorna Faro de Teno Mozo, na Illa de Tambo.
A empresa Traballos Submarinos Correa S.L será a encargada de executar as obras de reparación e mantemento asociadas a este sinal marítimo. En concreto, repararase a laxa de sillería do peirao da illa para reparar as oquedades que se foron producindo co paso do tempo, ademais de encofrar e impermeabilizar o muro do peirao.
Tamén se acometerán diferentes melloras e reparacións na sala de baterías do propio faro e na caseta de acumuladores do peirao e arrombarase a entrada á torre. Os traballos inclúen a roza e limpeza do camiño de acceso desde o peirao ata o propio faro. Estímase un prazo de execución de dous meses.