ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

21/06/2022
O porto acolle a presentación dun revolucionario salvavidas teledirixido
 O Porto de Marín foi o escenario esta mañá da presentación a cargo da empresa Gaexcon dun novo salvavidas autopropulsado e teledirixido que mellora as opcións de seguridade a bordo de embarcacións de todo tipo e incluso na contorna de praias e peiraos. Trátase do U Safe, fabricado en Portugal e dotado de tecnoloxía para ser dirixido con control remoto ó encontro dunha persoa caída á auga para o seu traslado a lugar seguro e con capacidade de remolcar ata a dúas persoas, xa que soporta cargas de 240 kilos. Navega a unha velocidade de 15 kilómetros hora, ten un radio de acción de 500 metros e unha autonomía de 35 minutos. Está deseñado para operar en condicións adversas e aínda no caso de emborcar p, ten capacidade de navegación e lumínica por ámbolos dous lados. Vai equipado cun deseño de stand by que fai que se active no momento en que entra en contacto coa auga e dispón dun mecanismo de seguridade para evitar un apagado accidental. Este dispositivo xa está sendo probado por barcos na provincia e esta mañá se presentó ante armadores do Porto de Marín e medios de comunicación. O presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, asistiu á demostración de salvamento co U Safe na dársena pesqueira e salientou a importancia do dispositivo "que pode ser unha revolución tecnolóxica para a seguridade dos tripulantes". Destacou a súa utilidade "especialmente en zonas de augas frías onde o tempo de rescate é decisivo".
O porto acolle a presentación dun revolucionario salvavidas teledirixido