ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

06/06/2022
O Porto de Marín súmase á alianza galega polo clima
 O Porto de Marín, a través do seu presidente Jose Benito Suárez Costa, participou esta mañá en Santiago na sinatura da alianza galega polo clima que implica a Universidades, Autoridades Portuarias, empresas e outras entidades para traballar no obxectivo de reducir os efectos do cambio climático así como intercambiar información científica, tecnolóxica e socioeconómica ensta materia. O encontro estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen manifestou a necesidade de contribuir todos co seu traballo “para deixar unha Galicia mellor ás próximas xeneracións”. O Porto de Marín ratifica así unha vez máis o seu firme compromiso co medio ambiente “conscientes de que traballamos nun entorno sensible como é a Ría de Pontevedra”, sinalou Suárez Costa. Marín é un porto pioneiro en proxectos medioambientais centrados na retirada selectiva de residuos para a súa posta en valor e na contribución á limpeza das costas a través de proxectos como 3R Fish, Pescal ou Nada pola Borda, entre outros. “Celebro o compromiso das entidades tanto públicas como privadas para a firma desta alianza contra o cambio climático e espero que cada un poida seguir poñendo da súa parte para combater os efectos adversos que xa estamos sufrindo”, engandiu o presidente portuario.
O Porto de Marín súmase á alianza galega polo clima