ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

03/06/2022
O porto recibe a escala dunha corveta da Armada de Arabia Saudí
Tras unhas xornadas fondeado na Ría, o Porto de Marín recibiu a primeira hora desta tarde a escala da corveta HMS Al Jubail, da Armada de Arabia Saudí. Trátase dun buque de recente construcción en Navantia (Cádiz) e que fai escala durante a fin de semana en Marín para realizar diferentes probas dos seus equipamentos técnicos en cooperación co centro CEMEDEM da Escola Naval Militar. A corveta saudí conta cunha eslora de 104 metros e unha manga de 14 metros. Dispón dun calado de 4,32 metros e estará ata o luns atracada no Peirao Comercial Oeste. Foi entregada por Navantia á mariña saudí a finais do mes de marzo, despois de tres anos de construcción nas súas instalacións de Cádiz. É a primeira do encargo dun total de 5 corvetas encomendadas a Navantia para a flota de Arabia Saudí.
O porto recibe a escala dunha corveta da Armada de Arabia Saudí